luns 07 abril 2014

CORRE CON IMPLICADAS NA III Carreira Solidaria en Oleiros. (Fonte: www.noticieirogalego.com)

Implicadas no Desenvolvemento organiza, por terceiro ano consecutivo, o sábado 12 de abril ás 16.30 horas a III Carreira Solidaria en Oleiros. Nesta colabora coa Federación Galega de Atletismo a través da súa delegación na Coruña, o Concello de Oleiros e a Universidade da Coruña.

domingo 06 abril 2014

AELEMAYEHU BEZABEH E PAULA GONZÁLEZ CAMPIÓNS DE ESPAÑA DE 10km EN RUTA.

Ultima Hora: Os atletas Aelemayehu Bezabeh (Atletismo Bikila) e Paula González (CDE Gonzalez Berodia), proclamáronse campións de España de 10km en ruta na localidade coruñesa de Padrón. 

sábado 05 abril 2014

TODO PREPARADO PARA A I MEDIASAN DO CAMIÑO

Un novo proxecto atlético que transcorrerá pola última etapa do Camiño de Santiago o próximo 13 de Abril, da localidade de Arca-Pedrouzo ata Santiago de Compostela. Un percorrido precioso e diferente a todas as probas desta distancia.

venres 04 abril 2014

BO RITMO DE INSCRICIÓNS PARA A XVII Media Maratón de Vigo

A falta de pouco máis dun mes para a cita, xa son case 500 os atletas que confirmaron a súa participación na XVII Media Maratón de Vigo, que se celebrará o próximo 11 de Maio en pleno centro da cidade olívica. Un atractivo circuíto urbano a dúas voltas con saída e chegada na Porta do Sol. 

mércores 02 abril 2014

TODO PREPARADO EN PADRÓN PARA SABOREAR O GRAN CAMPIONATO DE ESPAÑA DE 10KM EN RUTA

Onte celebreouse no Concello de Padrón a presentación do Campionato de España de 10 km en ruta absoluto e veterán, ao acto asistiu o presidente da FGA xunto co concelleiro de deportes e o alcalde. 

luns 31 marzo 2014

AVISO IMPORTANTE: Exclusión da Media Maraton VIG-BAY do Calendario Oficial da FGA

Ante a postura do organizador da Media Maratón Vig-Bay de non facer fronte dos custos da licenza de día, aprobada pola Comisión Delegada e Asamble Xeral da Federación Galega de Atletismo para a tempada 2013/2014, malia haberse comprometido coa súa firma a asumir as responsabilidades na circular 57/2013, exclúese esta carreira do calendario oficial da FGA.

luns 31 marzo 2014

IRT SANTIAGO 2014: CRÓNICA DUNHA MARABILLOSA CONEXIÓN Santiago-Walmara (Fonte: http://inrealtimeabay.com/irt-santiago-2014-cronica-de-una-maravillosa-conexion-santiago-walmara/)

Y por fin llegó el día señalado, 30 de marzo 2014, miles de personas en toda España unidas en tiempo real con nuestra querida Walmara, corriendo juntos con y para Etiopía.


venres 28 marzo 2014

PESENTACIÓN DA CARREIRA MEDISAN DO CAMIÑO

O domingo 13 de abril celebrarase a primeira edición do medio maratón «MediaSan do Camiño» que dará comezo na localidade de Arca (Ou Pedrouzo) e finalizará en San Lázaro e que ten entre os seus obxectivos «poñer en valor» o Camiño de Santiago. 

xoves 27 marzo 2014

PRESENTACIÓN DOS PADRIÑOS DA IRT DE SANTIAGO. ¡Un cartel de luxo! (Fonte: http://inrealtimeabay.com/presentacion-de-los-padrinos-de-la-irt-santiago-un-cartel-de-lujo/)

Pedro Nimo y Suasana Rodríguez correrán mano a mano junto a los 350 participantes que ya están inscritos en la cita del domingo para mantener el proyecto de escuelas deportivas que Abay tiene en marcha en Walmara, una región etíope escondida en el mapa y alejada de las complacencias europeas.

mércores 26 marzo 2014

CORRE CON IMPLICADAS (Fonte:http://www.oleiros.tv/2014/03/25/corre-con-implicadas-2/)

Implicadas no Desenvolvemento organiza, por terceiro ano consecutivo, a súa Carreira Solidaria en Oleiros; en colaboración coa Federación Galega de Atletismo a través da súa delegación na Coruña, o Concello de Oleiros e a Universidade da Coruña.