venres 12 abril 2019

URXENTE: CONSULTA O TEU DORSAL DO CORUÑA 42 E 10K ORDENAN OS SEUS CAIXÓNS MODIFICADOS (Fonte: www.coruna.gal)


As bandas de cor diferenciarán os caixóns. Os números sobre fondo branco axudarán ao labor dos xuíces diferenciando por cores a categoría feminina e masculina. 

Na categoría masculina contarán os números serán de cor negra, mentres en categoría feminina será a vermella a cor identificativa, e en ambas as carreiras sobre fondo branco.

Así mesmo, os dorsais das persoas participantes da Coruña42 levarán unha franxa de cor maxenta na zona superior, mentres que para as da carreira de 10K a franxa será negra.

A maiores desta diferenza na identificación dos dorsais, e co fin de evitar confusións, aparecerá o logotipo da Coruña42 nos dorsais do maratón e a palabra "10k" na carreira de menor distancia.

Por outra banda, co fin de que tanto Coruña42 como a 10K se realicen de forma ordenada e garantindo o maior goce por parte de todas as persoas corredoras, estableceranse caixóns de saída en función dos tempos. Con esta medida a organización quere evitar que se produzan embotellamentos, que poden desembocar en caídas e retardar o ritmo das persoas participantes. Grazas á súa contribución todas as persoas participantes gozarán de forma segura e co maior aproveitamento da competición.

Estableceranse cinco caixóns de saída para o maratón e para a carreira de 10K, e as/os corredores poderán saber cal é o que lles corresponde grazas á cor da banda inferior do seu dorsal.

En que caixón de saída me coloco?

A saída do Maratón Atlántica C42 estará organizada en 5 caixóns cos seguintes tempos e cores:

Primeiro caixón, cor vermella: homes menos de 1h20' en media e menos de 2h45' en maratón e mulleres menos de 1h35' en media e menos de 3h20' en maratón.
Segundo caixón, cor verde: homes entre 1h20'-1h25' en media e 2h45'-3h00' en maratón e mulleres entre 1h35'-1h40' en media e entre 3h20'-3h40' en maratón.
Terceiro caixón, cor azul: homes entre 1h25'-1h30' en media e 3h00'-3h20' en maratón e mulleres entre 1h40'-1h45' en media e entre 3h40'-4h00' en maratón.
Cuarto caixón, cor amarela: homes entre 1h30'-1h35' en media e 3h20'-3h40' en maratón e mulleres entre 1h45'-1h50' en media e entre 4h00'-4h20' en maratón.
Quinto caixón, cor violeta: marcas superiores ás anteriores ou sen marca

Se a túa proba son os 10K terás tamén cinco caixóns, repartidos da seguinte maneira:

Nun primeiro caixón, cor vermella deberán situarse os corredores masculinos que cubran os 10K en menos de 33' e as mulleres por baixo de 40'.
Nun segundo caixón, cor verde homes que estean entre 33-36' e mulleres entre 40' e 43' no 10.000. Aquí concentraranse corredores/as con tamén horas de adestramento, pero un chanzo por baixo do anterior caixón, xa que o seu ritmo será algo inferior.
No terceiro, cor azul situaranse homes entre 36'-39' e mulleres entre 43-46' nos 10 quilómetros.
No cuarto, cor amarela homes entre 39'-42' e mulleres entre 46'-49'.
E no quinto, cor violeta deben situarse as persoas corredores con cronos superiores aos anteriores ou que non conten cunha referencia de marca.

As/os corredoras/es poderán recoller o seu dorsal e camiseta oficial da proba a partir do próximo venres 12 de abril en El Corte Inglés da rúa Ramón y Cajal. O horario do venres será de 17.00 horas a 22.00 horas e o sábado desde as 10.00 horas ata as 21.30 horas. Así mesmo, se a propia persoa corredora non pode acudir a recoller o dorsal, poderá facelo outra persoa.