sábado 04 xaneiro 2020

TINA FERNÁNDEZ: «GAÑAR EN SANTIAGO É MARABILLOSO» (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Os seus pais son de Muros. Ela é americana, naceu en Nova Jersey (1983).  Tina Fernández, que milita no Atletismo Sar, foi a gañadora da San Silvestre compostelá. Entrou na  praza  do Obradoiro en solitario, cun tempo de 19 minutos e 07 segundos. Por detrás quedaron Marta Prieto (19.18) e Lucía Couñago (20.00). Na pasada edición foi segunda e adestra coa  exatleta Esther Pedrosa,  edila de Deportes do  Concello de Santiago.