venres 08 xullo 2022

SUPERADOS OS 300 INSCRITOS PARA A V CARREIRA POPULAR DO APÓSTOLO DE VILAÑO – A LARACHA (Fonte: Asoc. Cultural Adro de Vilaño)

Avanzan a moi bo ritmo as inscripcións para participar na quinta edición da Carreira Popular do Apóstolo, que a Asociación Adro de Vilaño organiza no concello larachés, xunto con unha Andaina Saudable e Solidaria en beneficio de Cáritas e a AECC.

O evento será o sábado 16 de xullo en horario de tarde e as inscripcións permaneceran abertas ata o martes 12 de xullo. Os interesados poden facer efectivas as inscripcións na web www.carreirasgalegas.com ou ben de forma presencial nas oficinas do Concello da Laracha, na Piscina Municipal ou en Cultiagro.

A cuota é de 6 euros para as categorías absolutas e gratis para os menores de idade, incluindo para todos eles unha camiseta conmemorativa do evento. Cabe destacar que a metade da recaudación da andaina irá destinada a Cáritas e a Asociación Española contra o Cancro de A Laracha.

Entre os servicios ofrecidos pola asociación organizadora cabe destacar o servicio de gardería con monitores para os máis pequenos, así como pinchos ao remate para tódolos asistentes.

A organización móstrase moi satisfeita co ritmo que levan as inscripcións realizadas tanto de forma online como presencial, xa que aínda queda bastante plazo para seguir aumentado a participación, e confían en superar a barreira dos case 800 participantes da cuarta edición, a cal foi todo un éxito.


Fonte: Asociación Cultural Adro de Vilaño