xoves 21 abril 2022

SERVIZOS DE CORUÑA 10, CAIXÓNS E DORSAIS (Fonte: www.coruna.gal)

A décimo sexta edición da popular Coruña10, a sexta mellor 10K de España segundo a Real Federación Española de Atletismo, está ao virar a esquina. O domingo é o día e contámosche a continuación os servizos dos que dispoñerás como corredor/a e outros detalles desta proba que cambiou o circuíto para convertelo no máis veloz da súa historia, deseñado para bater récords.

Caixóns de saída
Serán seis caixóns que se distribuirán segundo os dorsais asignados. As persoas participantes deberán estar no seu postos dez minutos antes do disparo oficial de saída.

O caixón azul será para quen teña unha marca inferior a 36 minutos; o laranxa, para menos de 41 minutos; o amarelo, por baixo de 46 minutos; o rosa, para quen rexistrase un tempo inferior aos 51 minutos; o verde para menos dunha hora e o resto, utilizarán o vermello.

Caixón 1   menos de 0:36:00
Caixón 2   menos de 0:41:00
Caixón 3   menos de 0:46:00
Caixón 4  menos de 0:51:00
Caixón 5   menos de 1:00:00
Caixón 6   resto

Servizos da carreira
As persoas participantes dispoñerán de servizo de gardarroupa en horario de 9 a 12 horas.
Habilitarase un servizo de duchas no Frontón Municipal de Riazor entre as 10 e as 14 horas (ensinando o dorsal).
Tamén se ofrecerá servizo de fisioterapia nas inmediacións da zona de meta (Parrote).
Colocaranse baños para os/as atletas na zona de saída.
Situarase un posto de avituallamiento a metade do percorrido, no cruzamento da Avenida do Exército coa Estrada do Porto, e outro na zona de meta. Habilitaranse colectores de uso obrigatorio para a recollida de residuos,
Chips e dorsais

Os/as deportistas deberán levar ben colocado o dorsal que inclúe o chip para rexistrar os tempos. No percorrido estableceranse varios puntos de control de chips. A única categoría sen chip (si con dorsal) é a de Peques.

Os dorsais están dispoñibles para a súa recollida no Corte Inglés da Coruña (Ramón e Cajal) este venres de 10:00 a 22:00 e sábado de 10:00 a 21:30 horas. Excepcionalmente, os dorsais poderán recollerse na zona próxima á saída o día da carreira, desde as 8:30 ata as 13:00 horas, segundo a categoría.

Actividade solidaria
Lembra que ademais da carreira, podes participar na actividade solidaria de zumba coa que se recadará fondos para AGA-Ucraína e cuxa inscrición está aberta na web de Carreiras Galegas. Ademais, no horario habilitado para a recollida de dorsais no Corte Inglés da Coruña tamén poderás realizar doazóns de maneira presencial.