venres 17 decembro 2021

SANTIAGO DE COMPOSTELA PREPÁRASE PARA CELEBRAR A SÚA SAN SILVESTRE SOBRE UN PERCORRIDO DE 5KM HOMOLOGADO

Buscábase un percorrido rápido e homologado para rematar o ano correndo en Compostela, e o 31 de decembro chegará esa oportunidade; tanto os que desexen enfocar a San Silvestre de Santiago dun xeito deportivo, como os que queiran apostar por acadar unha marca nun circuito de 5 km homologado pola Real Federación Española de Atletismo, terán a súa oportunidade na carreira San Silvestre de fin de ano.
 
Ata o 27 de decembro ás 22:00 horas poderán facer a súa inscrición na proba os nados en 2009 e anteriores..
 
O Concello de Santiago de Compostela a través do seu Departamento Municipal de Deportes ven de anunciar non só a San Silvestre Compostelá, senón que retomará en 2022 o circuito de carreiras saudables, CorreSan 2022. Isto unido ao remate das obras das pistas de atletismo da Universidade de Santiago de Compostela, reflexan un 2022 cunha actividade atlética destacada na capital galega.