luns 13 maio 2019

RUBÉN DIZ FOI PROFETA NA SÚA TERRA SOBRE OS DEZ QUILÓMETROS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Os cetros autonómicos dos dez quilómetros en ruta estaban en liza na Popular de Xinzo de Limia e foi un representante local o que levou a vitoria con autoridade. Rubén Diz (Ourense Atletismo) foi o máis rápido, aproveitando máis dunha baixa importante, ás que supliu a presenza de José Antonio Requejo, sen licenza galega, para disputarlle o triunfo na proba.

Ao cabo, o antelano fixou en meta un tempo de 32.32, con 43 segundos de marxe sobre o castelán afincado na provincia. Tras eles, José Canda (Arenteiro) cedeu 47 segundos con respecto ao vencedor, mentres que Javier Paredes (Burgas) deixouse máis dun minuto en meta para completar o podio autonómico.

Deste xeito, Diz seguía fortalecendo en casa unha tempada na que tamén foi capaz de adxudicarse o ouro galego na milla en ruta, aínda militando na categoría máster 40.

Polo que respecta á clasificación feminina, a dominadora da proba foi a atleta do ADAS Proinor do Barco, Iria Fernández, que parou o crono en 39.26 e logrou deixar atrás ás fondistas do Club Burgas Atletismo, que completaron outro triplete ourensán, xa que Sonia Teijeiro chegou 53 segundos máis tarde e a súa compañeira de equipo Vicky Losada fíxoo perdendo case dous minutos. Foi unha animada xornada na capital da Limia, onde a proba popular xa é unha clásica no calendario.

Fonte: www.lavozdegalicia.es