mércores 22 setembro 2021

PRESENTADO NO DÍA DE HOXE O CAMPIONATO DE GALICIA DOS 5KM (Fonte: atletismo.gal)

No día de hoxe tivo a lugar a presentación do XII Campionato de Galicia de 5 Km. Ruta que terá lugar esta fin de semana no Concello de Ames.

O acto, que se desenvolveu no citado Concello, contou ca presenza do seu Alcalde José Blas, o Presidente da FGA Isidoro Hornillos e a Concellal de Deportes Susana Señorís, quenes salientarían a importancia desta cita tanto polo número de inscritos, preto de catrocentos, como pola calidade das súas participantes.

Precisamente en relación a este último, cabe citar a presenza na categoría masculina do subcampión de España de marathon no ano 2019 Manuel Hurtado da Gimnástica de Pontevedra, quen estará acompañado na línea de saída polo subcampión mundial máster de media marathon no ano 2018 Rubén Diz do Ourense Atletismo

Na categoría femenina importante tamén será a preseza das internacionais Uxía Pérez do Playas de Castellón e Sandra Mosquera do Comesaña así como Helena Ledo do ADAS Proinor.

Xunto aos citados e citadas atletas, non menos importante será a participación de atletas das categorías Sub18, Sub20, Sub23 así como a dun amplo e nutrido grupo de participantes das categorías máster entre quenes destacan os gañadores e gañadoras da última edición do ano 2019 en Ferrol nas súas respectivas categorías: Inés Papín do Atletismo Sada; Domingo Álvarez do Egovarros de Viveiro; Mar Barcón e Antonio Hernández da Mochila del Deporte; José Carlos Ferreira do Club Veteranos de Samil e Javier Toro do Verxel Nutrición.

Palmarés
Nas súas edicións a gran domiñadora no histórico na categoría feminina é a atleta de Ares Paula Mayobre quen con cinco campionatos de Galicia encabeza esta lista, seguido con dous campionatos por Iván Docampo e o especislista en triathlon Francisco Gómez Noya.

Seguimento en streaming
A proba será retransmitida en directo a través da canle oficial da FGA dando comezo a primeira carreira as 10:30 horas desde a rúa Alcalde Lorenzo na orde establecido segundo o protocolo covid-19 vixente. Farase unha serie coas 10 mellores marcas de inscrición, e o resto de participantes agruparanse polas súas categorías.