venres 13 decembro 2019

PRESENTADA A IV CARREIRA POPULAR SAN SILVESTRE OURENSÁ (Fonte: www.ourensedeportivo.com)

O salón de plenos do Concello de Ourense foi escenario da presentación da carreira popular San Silvestre Ourensá que chegará este 2019 a súa cuarta edición.

Esta cita deportiva de fin de ano sairá ás 16.00 horas do día 31 de decembro desde o Xardín do Posío y percorrerá as rúas do centro da cidade.
Tras unha primeira edición desputada nas marxes do Barbaña, este será a terceira ocasión que terá o Xardín do Posío como punto de saída e meta.

As inscricións pódense realizar na páxina web www.carreirasgalegas.com.