luns 13 xuño 2022

PRESENTACIÓN I MEDIA MARATÓN E 10QM CAMIÑO INGLÉS (Fonte: sociedade deportiva compostela)

O domingo 12 de xuño, no marco da Primavera no Camiño Inglés tivo lugar a presentación da I Media Maratón e 10QM Camiño Inglés. Na presentación estivo presente o alcalde do Concello de Oroso, Luis Rey, e algúns concelleiros do goberno; concelleiros do Concello de Ordes; Antonio Leira en representación da Deputación de A Coruña; Manolo Mirás, presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés; e representantes do Club de Atletismo Tambre que colaboran na proba deportiva.
A I Media Maratón e 10QM Camiño Inglés nace co obxectivo de seguir promocionando o Camiño Inglés e amosar dunha maneira novidosa, a beleza e a tradición do noso camiño. Nesta primeira edición, a proba transcorrera polos concellos de Ordes e Oroso, coa intención de que no futuro siga a facerse nos concellos restantes pertencentes ao camiño.

Esta edición, estará dividida en dúas probas; unha primeira de 21 quilómetros, que sairá dende a Igrexa de Ardemil ata chegar ao carón da piscina municipal de Sigüeiro, e unha segunda proba de 10 quilómetros, con saída dende Ponte Pereira e meta no mesmo lugar, seguindo o trazado do camiño.

As inscricións estarán abertas a partir de mañá na páxina da federación galega de atletismo, carreirasgalegas.com onde tamén poderedes descargar o regulamento da proba.