mércores 19 febreiro 2020

PRAZO DE RECLAMACIÓNS ÓS PREMIOS DO VII CIRCUÍTO DE CARREIRAS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Rocío Alvite do SAR Vermut Petroni cun total de 176 puntos e Amador Pena do C.A. O Pino (este ano na S.D Compostela Atletismo) serían os gañadores/as absolutos/as do VII Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña 2019.

Con este novo triunfo, a parella de corredores afianzase un ano máis no primeiro lugar deste importante circuito formado por un total de 30 probas e organizado pola Federación Galega de Atletismo.

O Circuito continúa medrando

Con este ano serán xa oito as edicións nas que se desenvolva este certame, que polas súas características constitúe o evento máis importante destas características de todas cantas se celebran en Galicia, representando ademáis dunha importante oferta atlética, un excelente elemento vertebrador entre os distintos Concellos da provincia.

De cara a poñer datas para a gala de premiación desta edición, publícase a relación de premiados/as nas distintas modalidades e categorías, abríndose un prazo ata o luns 24  as 12:00 horas para efectuar reclamacións.