sábado 17 novembro 2018

PONTECESURES CORRE PARA PECHAR O ANO (Fonte: www.farodevigo.es)

A  XIX Carreira Popular de Pontecesures celebrarase o próximo 29 de decembro ás 16.15 horas, cita para atletas federados e non federados cun percorrido de 9.000 metros para a proba absoluta.

A saída e meta terá lugar na  Praza  do Coche de  Pedra, en pleno centro urbano da localidade. A inscrición pódese realizar nas webs  carreirasgalegas. com e en atletismo. gal con data límite do 27 de decembro, polo que non se admitirán a participación daqueles que non realizasen inscrición previa.

Ademais dunha camiseta conmemorativa aos 400 primeiros na proba absoluta e trofeos aos primeiros clasificados, este ano haberá a novidade dunha clasificación por clubs establecida en base aos oito mellores clasificados na proba absoluta. Os tres primeiros clubs repartiranse 600 euros a razón de 300 o primeiro, 200 o segundo e 100 o terceiro.