xoves 08 febreiro 2018

PISTOLETAZO DE SAÍDA Á QUINTA EDICIÓN DO CIRCUÍTO DE ATLETIMSO MÁIS EXITOSO DA COSTA DA MORTE (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Javier Tourís, Teresa Castro, Josecho e Boni González, Míchel Antelo, Rocío Alvite, Inés e Noelia Pampín, Montse Solís, Amador Pena, Manuel Oliver, José Señarís, Paula Trillo, Miguel Regueira... Todos eles e outros moitos, xa van quentando pernas para unha nova edición do circuíto máis completo e esixente que se disputa na Costa da Morte.

O que empezou sendo unha aventura, sen saber de certo que ía pasar, converteuse, e consolidado, en todo un fenómeno deportivo a nivel autonómico. Ata Camariñas, Vimianzo, Mazaricos, Dumbría, Zas, Cee, Muxía, Carnota, Corcubión e Fisterra acudirán, como vén sendo habitual nas últimas edicións, a flor e nata do atletismo afeccionado. Este quinto circuíto non fará máis que corroborar o éxito que o atletismo está a cultivar nos últimos anos, e non só a nivel deportivo, senón de promoción turística da comarca.

O Circuíto Correndo pola Costa da Morte é algo máis que podios e resultados. É un exemplo de superación, de supresión de barreiras e de estigmas. A nova ceense Sara Vieites ou o carballés Luis Miguel Bardanca representan uns valores dignos de análises. A idea de que todos poden participar, de igual a igual, sen fixarse nos cronómetros. Este circuíto ofrece unha segunda lectura: un compromiso coa solidariedade. Como exemplo, a carreira de Camariñas do 11 de marzo.

Haberá unha proba a favor da Asociación Española Contra o Cancro. E todo iso cunha nova madriña do circuíto de carreiras: Paula Esteiro Ramos.


Fonte: www.lavozdegalicia.es