venres 13 abril 2018

PEDRO NIMO IMPARTIRÁ MAÑÁ SÁBADO, EN EL CORTE INGLÉS DE MARINEDA CITY, A CHARLA "A MIÑA EXPERIENCIA NO MARATÓN" (Fonte: www.coruna.gal)

O atleta internacional Pedro Nimo participará o sábado 14 nun coloquio aberto á cidadanía no que se abordará a preparación necesaria para unha carreira destas características.

Charla "A miña experiencia no maratón", por Pedro Nimo.

Sábado 19.00 h

Salón de ámbito cultural

3ª planta El Corte Inglés - Marineda City. Prazas limitadas ata completar a capacidade.

Pedro Nimo foi campión de España Junior de Cros en San Miguel del Camiño (Valverde de la Virgen, provincia de León) en 1999. En 2006 foi o primeiro clasificado no Campionato de Galicia de Cros. En 2012 foi o campión de maratón de Galicia, e en 2014 foi proclamado campión de maratón en España.

Para máis información sobre as actividades e os servizos, pódese consultar a páxina web municipal www.coruna.gal/carreiraspopulares