domingo 23 outubro 2016

PAULA MAYOBRE E ALEJANDRO FERNÁNDEZ, CAMPIÓNS DE GALICIA DE 10KM EN RUTA

Desenvolveuse hoxe na parroquia de Bertamiráns pertencente ó Concello de Ames a novena edición do Campionato de Galicia de 10 k. Ruta.

Nesta proba a que acudiría un importante número de atletas, imporíase na categoría feminina Paula Mayobre cun rexistro de 35.32 como xa o fixera nos pasados Campionatos de Galicia de Media marathon do pasado 16 de Outubro en Pontevedra. A de Ares desta maneira amplia o seu palmarés repetindo trunfo como xa o fixera na terceira edición do ano 2010 desenvolto na Coruña. Xunto ela subirián ó podium Yolanda Guitiérrez do Sidra Maeloc Way con 37.01, ocupando a terceira posición Rocío Alvite do SAR -Vermut Petroni con  37.29

Na categoría masculina sería o atleta do ADAS Proinor Alejandro Fernández quen conseguiría unha cómoda victoria ao entrar en línea de meta cun tempo oficial de 30.43 aventaxando en máis de dez segundos a Vicente Suárez do  Comesaña Sporting Club. O terciero lugar sería o tamen atleta do Comesaña Victor Xosé González con 32.36. Con este trunfo Alex Fernández acada un tercero título neste campionato (xa gañara as edicións dos anos 2012 e 2013) igualando no palmarésas tres victorias que temén posúe  Lolo Penas (2008/2009/2010).

Noutro orde de cousas salientar os Récords veteranos galegos establecidos por Jose Matías Regueiro do Barbanza con 40.55 na categoría M-65 e por Luisa Armesto do C.A.Sada con 51.53 na W-65