Coruña21 e a súa 5K paralela achéganse. O domingo 12 de febreiro as rúas da Coruña encheranse de deportistas que previamente deben pasar a recoller os seus dorsais.
As persoas que participen no medio maratón ou na proba de 5.000 metros terán á súa disposición os números e chips o venres e o sábado de 10:00 horas a 21:30 no departamento de deportes (quinta planta) do Corte Inglés na Coruña (Rúa Ramón e Cajal).
O día da carreira, e de maneira extraordinaria, tamén poderán retirarse a partir das 09:00 horas na zona de saída/meta no Obelisco.
Cos dorsais e chips tamén se entregará a cada deportista a camiseta oficial da carreira, tanto para a C21 como para a 5K e as probas para menores de idade.