venres 28 maio 2021

O TRAIL SERRA DO BARBANZA CONTARÁ CON 200 CORREDORES (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A Pobra acollerá este domingo, a partir das 10.30 horas, a oitava edición do Trail Serra do Barbanza. Contará con 200 corredores, que se dividirán entre as categorías sub-20, sub-23, absoluto e máster. Deberán completar unha distancia de 23,3 quilómetros.

A proba poderase realizar a pesar do peche perimetral ao ser federada, e está organizada pola Federación Galega de Atletismo. Conta coa colaboración de Concello da Pobra e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.