xoves 07 outubro 2021

O MEMORIAL ADOLFO ROS DISPUTARASE O 12 DE DECEMBRO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O Memorial Adolfo Ros Volta  á Ría celebrarase o próximo 12 de decembro. Os  concellos organizadores da competición, Fene, Ferrol, Narón e Neda xa traballan na organización desta tradicional carreira, suspendida no 2020, que agora chegará ao seu trixésimo quinta edición. Un media maratón que  contornea a parte final da ría ferrolá e na que se rende homenaxe a Adolfo Ros, falecido o día 18 de agosto de 1985 cando, nun acto heroico, tentou rescatar a varios bañistas en perigo nas augas do areal de Doniños.

A organización da carreira vai rotando entre os catro  concellos da parte final da ría ferrolá. Este ano, a dirección da proba recae no  Concello de Neda, municipio desde o que se iniciará a carreira e onde tamén estará situada a liña de meta.

A pasada semana xa tivo lugar neste  Concello a primeira reunión entre os edís de deportes dos catro municipios para marcar as liñas de traballo.

Nesta reunión decidiuse retomar a proba, suspendida no ano 2020 debido á pandemia polo covid-19. O segundo paso foi comezar a traballar nos protocolos que rexerán o desenvolvemento da proba.

Polo momento, a organización non informou sobre o prazo e a web na que se poderán facer as inscricións.