domingo 20 decembro 2020

O LUNS ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A SAN SILVESTRE DE SANTIAGO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou a oitava edición da San Silvestre compostelá, que nesta ocasión só terá carácter federado e contará cunha cota de 300 prazas por medidas sanitarias para conter a pandemia. O escenario tamén cambia. Será nos arredores do estadio de San Lázaro.
As inscricións ábrense o luns ás 10 da mañá. As prazas encheranse por orde de inscrición. A concelleira lamenta que nesta ocasión só poidan participar 300 persoas. Asegurou que «ten que ser así» polas circunstancias actuais.
Tanto o Concello como a Federación Galega de Atletismo decidiron que os participantes fosen só deportistas de club ou con licenza federal vixente.

A carreira desenvolverase en forma de contrarreloxo. As saídas comezarán ás 16.30 horas do xoves 31 de decembro. Será para dúas persoas cada 30 segundos, para evitar contactos, segundo explicou Iván Sanmartín, delegado en Santiago da Federación Galega, a proba terá lugar nas inmediacións do estadio de San Lázaro, nun percorrido «practicamente lineal» de 4.800 metros.

Carreira solidaria
A inscrición custará cinco euros, que nesta ocasión irán integramente a Cruz Vermella. O seu titular en Santiago, Rocío Ovalle, agradeceu a iniciativa, especialmente importante nun ano tan duro no que se atenderon a 2.500 familias a través de 6.500 intervencións do Plan Resposta de Cruz Vermella. Tamén haberá un número 0 para aquelas persoas que queiran colaborar sen participar na carreira.