xoves 15 setembro 2022

O CROS DE SAN MIGUEL ABRE INSCRICIÓNS (Fonte: www.farodevigo.es)

A Agrupación Deportiva Castro-San Miguel organiza, co patrocinio do grupo educativo, a 25º edición do seu cros escolar, que terá lugar o domingo 16 de outubro ás 10.00 en Castrelos. Poden participar nenos e nenas nacidos entre 2007 e 2019, ademais dos pais e nais dos pequenos. O prazo de inscrición finalizará o 11 de outubro de 2022 e poderase realizar en gecastrosanmiguel.com ou no departamento de deportes do Corte Inglés.

A proba encádrase dentro do "programa municipal de cros escolar", sendo o de maior participación de toda Galicia ata a categoría cadete, roldando cada ano a cifra do milleiro de atletas competindo o domingo.
É unha proba enfocada especialmente á primeira toma de contacto co atletismo e nela poden  participar nenos e nenas nacidos entre 2007 e 2019, ademais dos pais e nais dos nenos participantes.
O prazo de inscrición finalizará o día 11 de outubro de 2022 e poderase realizar  na seguinte páxina web www.gecastrosanmiguel.com ou no departamento de deportes do Corte Inglés.
 Ademais  de trofeos aos cinco primeiros clasificados en cada categoría, e medallas e avituallamiento a todos os participantes haberá diferentes sorteos.
 O evento contará coa colaboración do Concello de Vigo, Faro de Vigo, O Corte Inglés, Gadis, Máis que Auga e a Agrupación de Xóvenes Atletas. Contará ademais co control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, o que ano tras ano garante a boa organización da proba.