martes 31 decembro 2019

O COMPOSTELÁN ANDRÉS CENDÁN CONQUISTA A PRAZA DO OBRADOIRO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O compostelán Andrés Cendán, do Cidade de Lugo, e a americana Tina Fernández, do Atletismo Sar, foron os vencedores da San Silvestre da capital galega. O gañador masculino, que xa venceu no 2018 e foi segundo no 2019, entrou na meta da praza do Obradoiro cun tempo de 17 minutos e 15 segundos. Tina Fernández, que reside en Santiago desde fai seis anos, parou o crono despois dun circuíto pola zona vella de 5,4 quilómetros en 19 minutos e 07 segundos.

O segundo clasificado foi Antón Gómez, da Estrada, cun tempo de 17.34, a 19 segundos do triunfador absoluto. O terceiro posto foi para Rodrigo Fraga, do AD Costa de Allo, con 17.45. Seguidamente quedaron: Alerto Chaves (cuarto, con 17.51), Luis do Río (quinto, con 17.51), Brais Picón (sexto, con 18.00), Pedro Liste (sétimo, con 18.03), Cristian Penas (oitavo, con 18.18), Pablo Carneiro (noveno, con 18.23) e Marcos Almozara (décimo, con 18.24).

Na categoría feminina, detrás de Tina Fernández, entraron Marta Prieto, segunda, cun tempo de 19 minutos e 18 segundos, e Lucía Couñago, terceira, con 20.00. A continuación quedaron: Inés Castaño (cuarta, con 20.43), Ana Eiris (quinta, con 21.00), Ainoa Gontán (sexta, con 21.19), Tere Parrado (sétima, con 21.47), María Tarrío (oitava, con 22.41), Aurea Retamal (novena, con 23.29) e Natalia Lorenzo (décima, con 23.33).

A San Silvestre compostelá bateu a marca de participación na súa sétima edición, alcanzándose a cifra de 2.316 corredores inscritos, nunha tarde fría e cun gran ambiente na praza do Obradoiro e durante todo o percorrido. A capital galega envorcouse coa última proba atlética do ano e os composteláns despediron con alegría e moi bo humor o ano deportivo.

Fonte: www.lavozdegalicia.es