martes 25 outubro 2022

O CIRCUÍTO DE CARREIRAS POPULARES DESPEDIU A SÚA EDICIÓN DE 2022 CUNHA XORNADA DE DEPORTE PARA MAIORES E PEQUENOS (Fonte: www.laregion.es)

Cun tempo tipicamente outonal, o circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense baixou o pano á súa edición de 2022. O barrio da Carballeira reuniu a decenas de atletas para disputar a súa proba final, de novo, con protagonismo para maiores e pequenos, que o deron todo sobre o asfalto. 

Na proba absoluta, triunfo para Héctor Rodríguez (A Purísima), que marcou un crono de 20:37 para cubrir os 5,7 quilómetros do percorrido. Acompañáronlle no podio de honra, Manuel Casado (Independente), que parou o reloxo en 20:49, e  Alejandro Cadaya (A Purísima), cun rexistro de 21:08. Na xeral conxunta, que suma os resultados das seis probas, Rubén Diz (Ourense Atletismo) foi o dominador.

Entre as mozas, a mellor, novamente, Begoña Domínguez (Ourense Atletismo), grazas ao seu 23:44. Triunfo na Carballeira e tamén no xeral total. Escoltárona nos postos nobres desta última cita Antía Rodríguez (Adas O Barco) que conseguiu unha marca de 24:17, e Ana Soutullo (Burgas Atletismo), con 25:51. 

Tamén foron protagonistas os nenos, nenas e mozas que, nas súas respectivas categorías, demostraron que o Correndo por Ourense ten aínda moito percorrido por diante. No 2023, máis atletismo popular nas rúas da cidade.