As instalacións del Corte Inglés acolleron a presentación da sexta proba do Circuíto de Running Universitario que patrocinan os grandes almacéns e que se celebrará en Compostela o domingo 27.
Os atletas tomarán a saída ás 11 da mañá nas pistas do Campus Sur. Seguirán por San Lourenzo, Galeras, Pelamios, Auditorio, Campus Norte e volta para finalizar no Campus Vida novamente. En total completarán un trazado de dez quilómetros.
A inscrición pódese formalizar na planta baixa del Corte Inglés ou a través da web www.dorsalesdeportes.elcortingles.es. Ten un custo de cinco euros, dos que dous se destinarán a proxectos da Universidade e un á Cruz Vermella.
Haberá trofeos e cartóns de agasallo para os primeiros clasificados de cada categoría e sortearase unha bicicleta entre todos os inscritos. O obxectivo desta iniciativa é fomentar hábitos saudables e a convivencia na comunidade universitaria.