venres 01 febreiro 2019

O CARBALLO TRAIL RACE PECHOU CON MÁIS DE 300 DEPORTISTAS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O Carballo Trail Race, proba oficial da Federación Galega de Atletismo por pistas e camiños non asfaltados na súa gran parte, viu a luz o pasado ano cun éxito tan grande que, o Concello, organizador da cita, decidiu ampliar a cifra de inscritos en cen prazas.

E das 400 ofertadas, cubríronse case todas.

Onte pecháronse as inscricións, xa que a carreira, con opción curta e longa, celebrarase o vindeiro domingo con saída na praia de Razo ás 9.30 horas.


Fonte: www.lavozdegalicia.es