martes 21 setembro 2021

O ATLETA TONI ABADÍA CONFIRMA A SÚA PARTICIPACIÓN NA C10 (Fonte: www.coruna.gal)

O atleta Toni Abadía confirmou a súa participación na carreira popular C10, que se realizará o vindeiro 3 de outubro na cidade cun novo percorrido polo porto da cidade.

Abadía é e plusmarquista nacional nos 10 km ruta desde que no ano 2018 establecera un destacado rexistro de 27:48..Ademais o atleta é campión de España de 5.000 metros e de 10.000 metros e no ano 2016 lograba a medalla de bronce na proba dos 10.000 metros nos Campionatos de Europa de Amsterdam.

En apenas quince días as rúas da cidade da Coruña encheranse de atletas de ambas categorías para gozar dunha xornada deportiva única. A expectación xerada fixo que en pouco máis dunha hora, o número de inscritos e inscritas (limitado a 1000 polas restricións da COVID) chegaran ao seu tope, aspecto que se repetiría ca ampliación aos dous días dun número extraordinario de 400.

Cambios importantes

Un dos cambios importantes cos que contará esta edición será o que afecte ao circuíto xa que cambia ostensiblemente o seu percorrido para pasar a desenvolverse por dentro do recinto portuario. De igual modo, tomarán parte atletas con algún tipo de discapacidade abrindo deste xeito a proba a unha total e absoluta aposta polo deporte inclusivo.