venres 12 maio 2023

O ALBERGUE DA ESTACIÓN QUEIXAS - CERCEDA ACOLLE OS SERVIZOS DE OS 11 DAS VÍAS

O Albergue da Estación Queixas-Cerceda acollerá os servizos da primeira edición dunha carreira que mestura asfalto con zonas de trail, carreiras de menores e unha andaina, e que dará a coñecer a Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle.
A xornada deportiva dará comezo ás 17:00 horas coas probas para menores de idade na contorna do propio albergue e, posteriormente, a partir das 18:00, realizaranse a carreira absoluta. Non rematará ainda a actividade, xa que a andaina sairá uns minutos despois, ás 18:20 horas.
Os dorsais entregaranse o mesmo sábado e na mesma ubicación do albergue, desde as 11:00 ás 14:00 horas para os mais madrugadores,  e tamén pola tarde, desde as 16:00 horas ata 30 minutos antes do comezo de cada unha das probas. As persoas participantes na andaina “Paseo pola Vía” tamén terán que retirar o seu dorsal.
A ludoteca, que favorece a conciliación para os participantes na carreira de 11 Km, estará dispoñible durante a celebración da proba absoluta, e comezará xusto despois das carreiras de Peques. O punto de encontro será a zona do parque infantil a carón do albergue.
O servizo de gardarroupa, estará operativo o sábado desde as 16:30 ás 20:00, e tamén se ofrecerá o servizo de duchas desde as 18:30 ata as 20:00 horas.
Á chegada a meta, proporcionaráselles ás persoas participantes en cada unha das probas, avituallamento líquido, xentileza de Coca-Cola, unha peza de froita, e avituallamento sólido (un boliño de pan con anacos de chocolate de Sanbrandan e unha barriña enerxética que achega Vegalsa) 
Os premios para todas as carreiras entregaranse ás 19:45 horas no podio no xardín exterior do albergue, aicon excepción detoda a rapazada da categoría Peques, que terá a súa medalla despois de cruzar a meta.
Como un servizo mais a cafetería do albergue permanecerá aberta de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00.