sábado 22 febreiro 2020

NOTA INFORMATIVA II SUBIDA A SAN CIDRE XACODESAFÍO 2020 (Fonte: Concello de Toques)

O próximo 1 de marzo de 2020 ten lugar en Toques a segunda Edición da SUBIDA A SAN CIDRE.

Recordando a vosa satisfactoria e agradecida participación no ano anterior, desde a organización poñemos no voso coñecemento algunas novidades por se esta carreira siga sendo do voso interés:

- A distancia da carreira de adultos este ano é de 13 quilómetros e ten un desnivel acumulado de 850 metros aproximadamente.
- A cota de inscrición é de 6 € ata o 23 de febrero e de 12 € desde o 24 ao 28 de febrero.
- As carreiras de categorías sub 18, sub 16, sub 14, sub 12, sub 10 e Prebenxamín (gratuitas) mudan a ubicación do seu percorrido. Este ano realízanse nas inmediacións da línea de meta da carreira de 13, habendo tres circuitos diferentes según a categoría.
- As distancias son as seguintes: categorías sub 18 e sub 16, 2600 metros; categorías sub 14 e sub 12, 1600; e categorías sub 18 e prebenxamín, 500 metros.
- Haberá bolsa-obsequio de regalo para cada participante e trofeos ou medallas para os mellores en cada categoría, pero os premios materiais só se repartirán entre os tres primeiros clasificados ou clasificadas nas categorías absoluto, senior e empadroados en Toques.
- Tedes toda a información completa e o regulamento en www.carreirasgalegas.com, onde podedes inscribirvos Ligazón (Aquí)
- Aportamos o número de teléfono do servizo de deportes do Concello de Toques para máis información: 626445816.


Vémonos na carreira!