A carón do Día Nacional das Vías Verdes nace una nova proba deportiva. Os 11 das Vías é unha carreira que mestura quilómetros de asfalto e de trail de pouca dificultade, e que pretende poñer en valor a vía verde Compostela-Tambre-Lengüelle que une o Concello de Cerceda co de Oroso. Con este evento preténdese dinamizar aínda máis a zona, e dar a coñecer o novo albergue ubicado na antiga estación de Queixas-Cerceda, como punto neurálxico para a práctica deportiva.
A data do 13 de maio é a escollida, polo que a tarde do sábado vaise encher de oportunidades para a práctica física para todas as idades. O programa comeza coas carreiras para menores ás 17:00 horas, onde poderán participar desde cero a 17 anos, con distancias adaptadas según as datas de nacemento. De seguido a carreira de adultos, de 11 Km. e saída ás 18:00 horas na área de descanso da Estación de Queixas-Cerceda, recentemente recuperado como albergue turístico. Os primeiros 6 Km, na maior parte por asfalto, servirán para chegar a seguinte estación, a de Queixas-Londoño. Desde alí comeza o camiño de volta utilizando o tramo de conexión da vía verde, que percorre camiños e pistas ata chegar de novo ao punto de partida.
Pero aínda non termina aquí a actividade. Un pouco máis tarde, ás 18:20, será o momento do Paseo polas vías, unha sinxela andaina de 4 km., para todas as persoas que desexen participar da festa de Os 11 das Vías dun xeito menos exixente.
O evento ten tamén unha compoñente solidaria a prol da AECC e os seus proxectos de investigación na loita contra o cancro.
A inscrición estará aberta ata o domingo 7 de maio e o prezo será de 6 € (1 € destinado á AECC) para a carreira absoluta, 1 € (destinado integramente para á AECC ) para o Paseo polas vías, e gratuíta para as categorías de menores. As inscricións no evento están dispoñibles en
carreirasgalegas