martes 11 maio 2021

MODIFICACIÓNS NA CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS

Modificación de horarios entrega de dorsais:
A entrega dos dorsais realizarase na oficina de XURDIR, Outeiro do Castiñeiriño, 73, baixo A (enfronte de Mobles Megalar), nos seguintes días e horarios:

• Venres 14 de maio de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas
• Sábado 15 de maio de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

De xeito excepcional, permitirase a recollida dos dorsais na secretaría da competición situada na Cidade da Cultura, entre as 8.30 e as 9.00 horas.

É moi importante que os participantes lean o protocolo AntiCovid19 que poden atopar na web www.carreirasgalegas.com e que á hora de recoller o seu dorsal traian asinada a “DECLARACIÓN RESPONSABLE PARTICIPANTE NA ACTIVIDADE”, sen esa declaración asinada non se lle poderá facer entrega do dorsal.

Modificación horarios servizo de autobuses:
Os autobuses partirán desde a Cidade da Cultura a partir das 8:45h. A derradeira saída será ás 9:15 horas. Antes de subir ao autobús tomaráselle a temperatura ás persoas participantes, que deberán levar máscara obrigatoria, seguindo sempre o protocolo establecido para o transporte público.