sábado 21 maio 2022

MELANIE MARIÑO, RAÍÑA DA IX CARREIRA POLA RÍA DO BURGO (Fonte: asnosas.gal)

A proba, organizada polo Concello de Culleredo, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e a Deputación da Coruña, forma parte do VIII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. O Paseo Marítimo da ría do Burgo albergou esta cita deportiva atlética que consiste nunha carreira de oito quilómetros (para adultos) na que participaron máis de medio milleiro de corredores en diferentes categorías.

Os tres primeiros clasificados na categoría masculina; Abdelaziz Fatihi, Víctor Alonso e Noel Fernández; e Melanie Mariño, Nerea Sánchez e Elena González, na feminina; así como o resto dos gañadores de todas as categorías, recibiron os seus trofeos e medallas de mans do alcalde, José Ramón Rioboo, do concelleiro de Deportes, Miguel Suárez, e da edila de Benestar, Lupe Pombo.

Se cronometraron electronicamente todas as categorías excepto a de pequenos e pre- benjamín e o avituallamiento instalouse na zona de meta para todas as categorías e na metade do percorrido durante a carreira de oito quilómetros. Ademais, cada participante recibiu unha camiseta conmemorativa que foi entregada no momento de retirada de dorsais.

A proba contou cos servizos dunha ambulancia medicalizada presente na zona de meta, e servizo de vestiarios e duchas na polideportiva A Ría do Burgo.