domingo 30 abril 2023

MARÍA CEDRÓN E JORGE PUIG, VENCEDORES DA SANTYAGO 10K (Fonte: www.elcorreogallego.es)

Este sábado, regresou a carreira nocturna SantYaGo 10K, cidades Patrimonio da Humanidade, que este ano celebrou a súa sétima edición e para a que se inscribiron 1.100 corredores. A carreira, foi organizada polo Club Atletismo Fontes do Sar e o Concello de Santiago e patrocinada polo Corte Inglés. O percorrido comezou a saída en San Francisco ás dez da noite e a meta na praza do Obradoiro,

Gozouse dun tempo agradable para a competición que transcorre pola zona vella de Compostela. 

O gañador absoluto foi Jorge Puig, que pertence ao Club Atletismo Santiago, que fixo unha marca de 32 minutos e 16 segundos. O segundo posto foi para Daniel Prada (32.58); o terceiro, para Amadeo Abal, do Praias Castelló (34.22).

Na competición feminina a mellor foi María Cedrón, do Adas Cupa, que quedou no pueto número 26 na clasificación xeral cun tempo de 37.04. Completaron o podio Tina Fernández, do Atletismo Sar (38.27) que quedou no posto 46 da xeral e Sandra Mosquera, do Comesaña (39.08).

Os corredores foron animados polo público que estaba no centro histórico.