luns 16 abril 2018

MANUEL CAÑAR E MÓNICA GRANERO GAÑAN O MARATÓN CORUÑA 42 (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Manuel Cañar e Mónica Granero foron os heroes dos 42.195 metros coruñeses cun tempo de 2.22.00 e 2.59.29. Superaron na clasificación a Anxo Chasi (cun tempo de 2.25.03) e a Sonia Teijeiro (3.00.18).

A carreira Coruña42 foi ademais Campionato de Galicia Absoluto e de Veteranos Individual e de Clubs. Eses títulos foron a parar a Manuel Serantes (que foi cuarto cun tempo de 2.35.26) e a Sonia Teijeiro (3.18.00).

O público arroupou aos atletas desde a propia saída situada no Cantón Grande (co Obelisco presidindo o pistoletazo inicial) ata a meta na Praza de María Pita, onde o ambiente festivo se gozaba ao máximo.