venres 15 xullo 2022

MALPICA CELEBRA O SEU PRIMEIRO TRAIL "OS NOSOS FAROS" (Fonte: www.quepasanacosta.gal)

Xa está en marcha o 1º Trail Costa da Morte dos Nosos Faros. O Concello de Malpica acollía a presentación deste singular evento deportivo, que da man de Juan Carlos Rodríguez e o Tenente Alcalde e Concelleiro de Turismo, Alfredo Cañizo. Un evento que se completará cunha gran paella mariñeira no porto para os asistentes da man do Concello.

A cita será este sábado 16 de xullo, e partirá de Punta Nariga para chegar ata o porto de Malpica. Son 18,2 km, que pasarán polo porto e o areal de Barizo, praia de Seiruga, Beo, Cabo San Hadrián, paseo marítimo.

Tamén falou o Federación Galega de Atletismo e atleta olímpico, Isidoro Hornillos, que lembrou que entre os máis de 50 inscritos, estará o mellor de Galicia, destacando a presencia dun vidente que corre coa súa parella como guía.

Cañizo lembrou que o Concello é un dos pouco que está intentando manter limpo o Camiño dos Faros, por onde será o percorrido. Pola súa parte, o alcalde Eduardo Parga sinalou que espera que esta sexa a primeira de moitas edicións.