mércores 30 outubro 2019

MÁIS DE 700 PERSOAS XA SE INSCRIBIRON NA CARREIRA CONTRA O CANCRO (Fonte: www.ferrol360.es)

O vindeiro domingo 10 de novembro celébrase en Ferrol unha nova edición da carreira contra o cancro Corre por Ferrol, organizada pola Asociación Española contra o Cancro coa colaboración do  Concello de Ferrol e a Federación  Galega de Atletismo.

En modalidade  andaina ou en carreira, para todas as idades, trátase dunha das citas deportivas e solidarias con máis arraigamento na cidade, superándose o pasado ano os 4.000 rexistrados. A falta de dez días para que se pechen as inscricións, que poden facerse nesta web, máis de 700 persoas xa se anotaron.

O prezo para os participantes é de 8 euros, 2 euros para os pequenos. Ademais das inscricións  online, poden facerse tamén de forma presencial na sede da AECC na rúa Real número 6, primeiro, de 9:00 a 17:00 horas esta semana e ata as 19:30 horas a semana próxima.

Ademais, se non se pode asistir, tamén puxeron ao dispor das persoas que o desexen unha fila cero para donativos. Os dorsais poderán recollerse o día antes da carreira de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas en Decathlon, e o mesmo día da proba ata as 10:30 horas no palco da música do Cantón.


Fonte: www.ferrol360.es