A IX Carreira Camiño das letras volveu unir o Pico Sacro, en Boqueixón, coa Cidade da Cultura, en Compostela, no día das Letras Galegas, dedicado en 2023 a Fernández del Riego. Nesta nova edición cruzou a liña de meta de 15km en primer lugar o atleta Sergio Requejo Requeijo do clube Atletismo Arenteiro cun tempo de 54 minutos e 55 segundos. Na categoría feminina, a atleta tamén do clube Atletismo Arenteiro, chegou 1 hora e 7 segundos despois de producrise a saída. Os podios completáronos Menxía Reborido Fuentes do club SD Compostela Atletismo (cun tempo de 01:08:02) e Sandra Fernández do club Fluvial de Lugo (01:11:17); e o podio masculino foi completado por Agustín P. Hermida (cun tempo de 56:54) e Jesús Fernando Sainz do club Atletismo Sar (57:14).
Á vez que se disputaba a proba absoluta, na Cidade da Cultura disputábase unha proba de 5KM que tivo como gañadores a Patricie Viadel (fem) e Luis Miguel Feito (masc), con tempos de 19:31 e 17:27 respectivamente. Os podios completáronos Noelia Papín (21:04) e Valeria Batire (21:35) na categoría feminina, mentres que na masculina fixérono Efrén Capelo (17:36) e Daniel Maneiro (17:43).
Este ano recuperaronse tamén as probas de categorías menores e puidemos ver a rapazas e rapaces correr de novo na Cidade da Cultura.
Éxito da novena edición
Esta competición une a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e co simbolismo do Camiño de Santiago, contribuíndo así a por en valor a través do deporte, o patrimonio cultural galego. Nesta proba, promovida por Xurdir S.L. e co apoio da Xunta de Galicia, este ano, nas distintas categorías da proba participaron máis de 460 atletas que compartiron meta na Cidade de Cultura, en Santiago de Compostela. Tras a proba, os participantes e as súas familias puideron desfrutar dunha degustación de Ternera Gallega.