venres 31 xaneiro 2020

ÚLTIMAS HORAS PARA PECHAR O PRIMEIRO PRAZO DE INSCRICIÓN DA CORUÑA 21

Este sábado, ás 22 horas, remata o prazo para inscribirse presencialmente nos Centros galegos de El Corte Inglés para o Medio Maratón A Coruña 21. O primeiro prazo de inscrición online (15 euros) finaliza o domingo 2 de febreiro ás 23,59 horas. Como novidades, todos os participantes recibirán unha pulseira e medalla finisher. Os novos dorsais-semilla representan unha clara aposta pola sostenibilidade, entre outras medidas que te sorprenderán.