xoves 12 marzo 2020

ÚLTIMA HORA: V EDICIÓN 100KM CARBALLIÑO - SANTIAGO - APRAZADA

A organización dos 100 Km Carballiño - Santiago  ante a situación de excepcionalidade xerada pola crise do Coronavirus COVID- 19, e seguindo as directrices acordadas tanto polas autoridades sanitarias como gobernamentais en prevención da saúde de atletas, público e persoal implicado na organización, toma a decisión de APRAZAR A PROBA.

En próximos días, iremos informando sobre a posibilidade de plantexar outras datas alternativas para o seu desenvolvemento.