martes 22 maio 2018

ÚLTIMA HORA: IX CARREIRA PEDESTRE DE CAMPAÑÓ

Este sábado 26 de maio celébrase a undécima edición da Carreira Pedestre de Campañó. Dende as 17:40h os nenos serán os protagonistas con circuitos acordes a súa idade. A partir das 18:45h dará comezo a proba absoluta onde os participantes deberán completar 8.700m. Como novidade, nesta edición haberá unha competición de relevos por equipos formados por 3 corredores, cada participante deberá percorrer 2.900m. Como en cada edición tódolos participantes terán un agasallo (camiseta técnica),  así como premios en metálico para os primeiros clasificados e material deportivo para os mellores de cada categoría, avituallamento e para finalizar un pincho na Casa da Cultura. 

 Inscricións: www.carreirasgalegas.com ata o xoves 24 de maio ás 23:59h.