xoves 14 xuño 2018

ÚLTIMA HORA DA VIII CARREIRA POPULAR 10KM CONCELLO CARBALLO. VI CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

Debido a cantidade de peticións de inscricións que se está a producir, e xa que existen prazas manterase aberta a inscrición para o evento "10K CARBALLO" durante todo o día de hoxe xoves 14.

Xa están inscritas máis de 1300 persoas, e seguramente se supere a participación do 2017 en tódalas categorías, tamén nos 10 km onde tomarán a saída 709 persoas na anterior edición e xa hai máis de 700 inscritos.