xoves 18 xullo 2019

JUAN JOSÉ ÁLVAREZ E ROCÍO ALVITE GAÑARON A CARREIRA PEDESTRE DE TORDOIA (fonte: www.lavozdegalicia.es)

O Concello de Tordoia organizou como cada ano a carreira pedestre que contou cunha importante participación de atletas en todas as súas categorías. Na carreira absoluta, os primeiros clasificados foron en categoría masculina Juan José Álvarez e na proba feminina Rocío Alvite. A nivel local, os primeiros clasificados foron Damián Baleato e Chus Orgeira.

Nesta xornada tamén tivo cabida a solidariedade, xa que a Cruz Vermella de Ordes recolleu material escolar doado polos asistentes e os participantes no evento.


Fonte: www.lavozdegalicia.es