venres 08 maio 2020

JOSÉ VCENTE RIOSECO FOI ELIXIDO O MELLOR ATLETA MÁSTER DE ESPAÑA DO 2019 (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O atleta ferrolán José Vicente  Riosco foi designado como o mellor atleta máster de España da pasada tempada, a 2019. Para a elección tivéronse en conta as marcas, así como unha votación na web da Federación Española de Atletismo. Pepín  Rioseco gañou cunha clara autoridade, 300 puntos, polos 179,33 que conseguiu Marcos Bermejo, o segundo clasificado ou os 149,87 de Joaquín Xoias que acabou na terceira posición.En mulleres a mellor atleta máster foi Rosa  Escribano, con 299,22 puntos, seguida por Teresa  Ruzafa, con 233,10 e Loles Vives, con 220,39.

O trofeo ía entregar na Gala do Centenario da Real Federación Española de Atletismo, aínda que tivo que suspenderse pola crise provocada polo  covid-19. Aínda está pendente por fixar unha nova data para a gala, xa que dependerá da evolución da pandemia.