domingo 26 maio 2019

JORGE CRESPO, DO ATLETISMO SAR, TRICAMPIÓN NA PRIMEIRA EDICIÓN DO ORTEGAL 21K (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Tarde redonda para o atleta Jorge Crespo, do Club Atletismo Sar, que se proclamou esta tarde tricampión da I Edición do Ortegal 21K, pasando así á historia desta competición. O atleta parou o cronómetro en 1:11:43, tempo excelente segundo os expertos, xa que no percorrido había partes especialmente duras, e tiñan o vento en contra. Jorge Crespo inscribiuse no Campionato de España Máster, no Campionato Galego de Media Maratón e na proba popular, polo que escribiu a historia da primeira páxina deste Ortegal 21K en letras de ouro, proclamándose o primeiro tricampión. No caixón do podio acompañáronlle Juan Antonio Gude, do Verxel Nutrición Deportiva, que parou o reloxo en 1:12:28, e Luis Félix Martínez, do C.A. Cárnicas Serrano, cun 1:12:38, emparejadísimo co segundo.

Na categoría absoluta feminina, proclamouse vencedora Verónica Sánchez, do club Veteranos Salamanca, cun tempo de 1:23:21. Seguírona Mónica Granero , do Verxel Nutrición Deportiva, cun tempo de 1:25:20 e Mónica Arias, do Bathco Running Team, que parou o crono en 1:25:55.
 José Manuel Ojeda cruzou a meta con 78 anosTen especial mérito o de José Manuel, que cruzou a meta desta I Edición do Ortegal 21K con nin máis nin menos que 78 anos, marcando un tempo de 2:40:56.