xoves 04 xuño 2020

INFORMACIÓN PARA OS PREMIADOS DA II EDICIÓN DA SUBIDA A SAN CIDRE XACODESAFÍO 2020

Debido ao estado de alarma activo desde o 14 de marzo, os participantes premiados coa Invitación ao Restaurante Xaneiro no "II Subida a San Cidre- Xacodesafío 2020" non puideron disfrutar do mesmo xa que o Local de restauración pechou as súas portas.

Como ben sabedes, había de prazo ata o 5 de abril, tal como pon na Tarxeta de Invitación que se vos entregou na entrega de premios, por tanto, desde a organización notificamos aos premiados que queda aberto o prazo de novo, desde o 13 de Xuño ata o 5 de Xullo de 2020, sempre pedindo cita previa por teléfono para reservar mesa tanto ao mediodía como pola noite.

Desculpade as posibles molestias ocasionadas.