martes 30 xaneiro 2018

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA PARTICIPANTES NA CARBALLO TRAIL RACE 2018. (Fonte: Concello de Carballo)

 Comunicamos ós participantes na Carballo Trail Race 2018 aspectos importantes en canto ás normas a seguir durante a proba e outros servizos inherentes á mesma.

1º) A autorización outorgada polo organismo competente ó Concello de Carballo para a celebración da mesma estipula que o organizador debe comunicar ós participantes a obrigatoriedade de cumprir o seguinte condicionado:
  • Os participantes na proba deportiva circularán por vías ou camiños existentes co fin de non invadir nin afectar á vexetación adxacente.
  • Ao longo de todo o percorrido non poderá atravesarse o leito de regos, ríos ou regatos, nin invadir ou afectar vexetación asociada ao ámbito fluvial, con fin de eviatr afeccións aos leitos, á biodiversidade ou ás condicións naturais das augas.
  • Evitarase a producción de ruidos innecesarios que alteren atranquilidade habitual das especie de fauna na zona.
  • Dado que existen tramos do percorrido incluídos na Rede Natura 2000, e co fin de evitar posible afeccións sobre hábitats nautrais de interese comunitario, os participantes na proba deportiva circularán exclusivamente por viarios de libre tránsito, non podendo en ningún caso circular campo a través. (Zona de praia)
2º) COMUNICAMOS ASÍ MESMO UN NÚMERO DE CONTACTO DE DIRECCIÓN DE CARREIRA ÓS EFECTOS DE COMUNICAR CALQUERA PERCANCE QUE POIDA OCORRERLLE A UN DEPORTISTA E PARA O CAL PRECISE ASISTENCIA, DE NON ATOPARSE ESTA ACCESIBLE NO PUNTO DO INCIDENTE, QUE FIGURARÁ NOS DORSAIS: 616971345

3º) Lembramos a necesidade de extremar as precaucións e normas xerais de tráfico para peóns por canto "Artigo8.2.- O percorrido, incluída a parte que discurre por carreteras e rúas de poboacións non estarán pechados ó resto de usuarios das vías, debendo cumprir os participantes as normas xerais de tráfico para peóns e/ou as indicacións da organización.
Pese a que se contará con persoal para advertir e sinalizar, destácase que aproximadamente nos seguintes puntos Km cruzaránse transversalmente estradas asfaltadas, debendo extremar a precaución:
1. KM 4,6 (COINCIDENTE CON AVITUALLAMENTO 1)
2. KM 11,2
3. KM15,9 (COINCIDENTE CON AVITUALLAMENTO 3)

4º) A OFICIÑA DE CARREIRA E RECOLLIDA DE DORSAIS (Sábado de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00h.; ou Domingo dende as 7:30 ate as 8:20 horas) está situada na META na Rúa Vila de Noia en Carballo. Os participantes serán desprazados ate a saída en autobús que partirán ás 8:30 horas, dispoñendo os deportistas de trail curto e primeiro tramo de relevos de duchas na meta do trail curto, e voltando en autobús á oficiña de carreira. NON É NECESARIO DESPRAZARSE EN VEHÍCULO PROPIO A NINGÚN LUGAR DIFERENTE Á OFICIÑA DE CARREIRA, NEN O INICIO NEN Ó REMATE DA PROBA, NEN PARA TRAIL LONGO NEN CURTO

5º) Lembramos:
Servizo de Desprazamento e Vestiarios para deportistas : 
  • Saídas dos autobuses dende a Piscina Vila de Noia ate o punto de saída e/ou relevo no caso de parellas.
  • Os autobuses tomarán a saída ás 8:30 h. Os participantes que acudan polos seus medios á zona de saída, non serán trasladados á mesma pola organización ó remate da proba.
  • Os participantes no trail curto serán retornados á Piscina Vila de Noia
  • Utilizaranse vestiarios en ambas metas, para o cal se deberá depositar a roupa na bolsas da cor correspondente a cada percorrido (10K ou 30K) e que se devolverán nas respectivas metas. 

6º) En www.carreirasgalegas.com teredes a disposición track dos percorridos, a efectos únicamente orientativos, posto que coñecedes que os dispositivos gps teñen certo marxe de erro.