domingo 16 febreiro 2020

GLORIA PARA HOSDEA KIPLIMO E MÓNICA GUTIÉRREZ NA CORUÑA 21 (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Voaron os atletas polo centro da Coruña. Literalmente. Dous, por encima dos demais: os kenyanos Hosea Kiplimo e Vestus Cheboi. Ambos bateron a marca do medio maratón Coruña21, que agora é 1h2m30s. «¡Good, campión!», felicitáballes o seu manager en liña de meta. Nin ben se repartiron os abrazos correspondentes, cruzaba a liña de chegada a pacense Mónica Gutiérrez, capaz de dobregar ás sempre complicadas fondistas africanas. Co seu 1h13m36s, rozou tamén a marca feminina (1h11m16s).Contra vento e marea (esas eran as dúas alertas meteorolóxicas de onte na zona), case dous mil participantes executaron a proba de madurez dun medio maratón que abre o ciclo das tres grandes este ano (por diante, Coruña10 o 26 de abril e Coruña42 o 4 de outubro).
Entre eles, o paratriatleta Anxo López, que encomiou o circuíto -«é precioso», dixo-, pero lamentou ter que esquivar a outros participantes por saír por detrás -«arrincar e frear é duro para os músculos dos brazos», explicou- e a tardanza coa que se confirmou a posibilidade de participar.Outra fondista habitual nestas citas, Paula Mayobre, relataba case sen resuello: «Sufrín como había moito que non ou facía. Trala lesión, fáltame moito adestramento, estou muscularmente esnaquizada. Vinteún quilómetros non é unha broma».O público se arremolinaba nos laterais do circuíto desde os Cantóns ata O Parrote. Ondeaba a pancarta verde do atletismo Fene e lucía, coas animosas fisioterapeutas, a chaqueta do Club Piragüismo Rías Baixas de Boiro. Responderon con bo humor os participantes, desde o disfrazado de lexionario romano ata o que axitaba unha campanilla. Caras coñecidas do deporte coruñés, como a do doutor Enrique Antelo, son habituais neste tipo de citas 

Dorsais que son plantasA organización do medio maratón Coruña21, a cargo da Federación Galega de Atletismo e o Concello da Coruña, realizou unha forte aposta pola sustentabilidade, ata o punto de que os dorsais (reciclables) estaban fabricados con sementes que os atletas poderían xerminar tras a carreira. As medallas de finisher eran de madeira.