xoves 04 xaneiro 2018

FERROL CELEBRARÁ O SÚA XXXV CARREIRA POPULAR SAN XIAO O PRÓXIMO 14 DE XANEIRO (Fonte: www.ferrol360.es)

Os amantes das carreiras populares teñen unha cita o vindeiro domingo 14 de xaneiro coa  XXXV Carreira popular de San  Xiao. Unha proba de 10 quilómetros na que poden participar pequenos e maiores con inscrición gratuíta.

As persoas interesadas en participar deben inscribirse nesta ligazón ata o 10 de xaneiro. O percorrido da carreira non pode ser máis atractivo, con saída do pavillón de Esteiro para percorrer parte do interior do Arsenal Militar,  callejear pola Magdalena, subir ata a praza de España e regreso ao pavillón.

O concelleiro de Deportes, Suso  Basterrechea, presentou a proba este xoves e animou a todos os veciños de Ferrol e comarca a participar nesta carreira, que ten unha boa proxección fóra das nosas fronteiras.  Basterrechea explicou que Ferrol non se suma á moda das carreiras de San Silvestre porque conta coa de San  Xiao, que este ano cumprirá 35 edicións.

En total hai 1.000 prazas dispoñibles para participar na carreira, que contará coa colaboración de Protección Civil.