luns 31 decembro 2018

DOCE E PACIOS GAÑAN A CARREIRA DE FIN DE ANO DE ARES E MUGARDOS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Ataviados con gorros de Papá Noel e outros detalles do Nadal, preto de medio milleiro de corredores botáronse onte á rúa para despedir o ano da mellor forma posible, completando a carreira que promoven os concellos de Ares e Mugardos por un trazado de preto de once quilómetros que discorre entre ambos os municipios.  Ero Doce, do Club de Atletismo Santiago, gañou na categoría masculina cun tempo de 33 minutos 40 segundos; mentres que Begoña  Pacio, do Pasa  ou  entorna, foi a mellor feminina cun tempo de 44 minutos 35 segundos.

Fonte: www.lavozdegalicia.es