venres 10 febreiro 2023

DE GARDARROUPA A AVITUALLAMENTO: TODOS OS SERVIZOS C21 (Fonte: www.coruna.gal)

Coruña21 brinda a cada atleta unha ampla carta de servizos para a proba que se celebrará o domingo 12 de febreiro a partir das 10.00 horas.

Os dorsais entregaranse o venres e o sábado no departamento de deportes de El Corte Inglés, en Ramón y Cajal, dentro do seu horario comercial xunto coa camiseta oficial da carreira. De maneira excepcional, estarán dispoñibles na zona de saída o día da C21 desde as 09.00 horas.

Os números levan integrado o chip e son persoais e intransferibles. Contan, ademais, cun código QR a través do cal cada deportista poderá consultar os seus rexistros.

A cronometraxe da carreira realizarase mediante os chips e haberá varios puntos de control ao longo do percorrido polo que deben pasar todas as persoas participantes.


No Obelisco estableceranse catro caixóns de saída por cada carreira e que coincidirán en cor coas bandas dos dorsais, en función dos tempos de referencia. Na C21 serán verde claro, amarela, rosa e azul e na 5K, verde escuro, laranxa, ciano e vermello.

C21
Mulleres
1. (verde claro): ata 1:30:00
2. (amarelo): ata 1:45:00
3. (rosa): ata 2:00:00
4. (azul): máis de 2:00:00

Homes
1. (verde claro): ata 1:16:00
2. (amarelo): ata 1:29:59
3. (rosa): ata 1:45:00
4. (azul): máis de 1:45:00

5K
Mulleres
1. (verde escuro): ata 22:29
2. (laranxa): ata 27:50
3. (ciano): ata 33:35
4. (vermello): máis de 33:35

Homes
1. (verde escuro): ata 19:00
2. (laranxa): ata 22:30
3. (ciano): ata 30:00
4. (vermello): máis de 30:00

Co obxectivo de axudar ás persoas participantes en Coruña21 a lograr as marcas que ambicionan haberá sete ritmos diferentes de carreira. Club Atletismo Narón, Club Hércules Termaria, Nosportlimit, Coruña Comarca e A Mochila do Deporte prestarán aos seus atletas para que o medio maratón poida contar con este servizo e The Covardes vestiralles coa súa roupa técnica de running.

O ritmo máis alto será de aproximadamente 3:45 por quilómetro para completar o medio maratón en 1h 20. Haberá lebres tamén para ir a 4 minutos por quilómetro (1h 24), a 4:15 (1h 30), a 4:30 (1h 35), a 4:45 (1h 40), a 4:59 (1h 45) e a 5:40 (2h 00).

Dispoñerase de aseos portátiles na zona de saída, meta e os puntos de avituallamento. As duchas, en horario de 11.00 a 14.00, situaranse no Palacio dos Deportes de Riazor e o servizo de gardarroupa, de 09.00 a 13.00, no Obelisco.

Instalaranse postos de avituallamento a partir do quilómetro 5 e, aproximadamente, cada 5.000 metros. En meta, tanto na C21 como na 5K (aínda que cada unha coa súa propio avituallamento), cada deportista recibirá froita, un boliño, froitos secos, auga, bebidas e xel enerxético. Colaboran Vegalsa, Sanbrandan, Coca-Cola, Powerade, Gadis e Vitaldin Sport.

Para a recollida selectiva de residuos, colocaranse colectores suficientes que serán de uso obrigatorio.

Os que finalicen a C21 recibirán un diploma acreditativo de completar a proba.

Fonte: www.coruna.gal