Coruña21 afronta as últimas horas do primeiro prazo de inscrición, o máis económico (18 euros), para correr a décimo quinta edición do medio maratón.
O departamento de deportes de El Corte Inglés, dentro do seu horario comercial, tramita as inscricións de maneira presencial e ata este sábado (28 de xaneiro), incluído, poden formalizarse coa cota ordinaria.
No caso de Internet, estarán dispoñibles ata este domingo (29 de xaneiro) ás 23.59 horas.
Dende o luns (30 de xaneiro), a cota de inscrición no medio maratón subirá a 30 euros, que estará en vigor ata o 5 de febreiro (un día antes na opción presencial).
Xa son máis de 900 persoas as que se apuntaron ao medio maratón que se realuzará o 12 de febreiro nas rúas da Coruña, cun circuíto plano ( Coruña21 dálle unha volta ao seu circuíto ), a nivel do mar, disposto para lograr boas marcas.
En paralelo, realizarase unha 5K ( A C21 estrea compañeira de viaxe, unha 5K ) que conta con preto de 300 persoas inscritas. Neste caso, a cota é de 3 euros para maiores de 18 anos e gratuíta para menores de idade, do mesmo xeito que no resto de carreiras que organiza o Concello da Coruña, co obxectivo de fomentar a actividade física desde idades temperás. O prazo de inscrición cérrase, neste caso, o 5 de febreiro.