xoves 02 setembro 2021

CORUÑA 10 AMPLÍA A SÚA COTA EN 400 ATLETAS E PISARÁ ZONA PORTUARIA (Fonte: www.laopinioncoruna.es)

O atletismo popular regresará á Coruña o 3 de outubro coa Coruña10, que afronta a súa décimo cuarta edición e que ampliará as prazas dispoñibles en 400 atletas, ata un total de 1.400, e por primeira vez pisará zona portuaria.

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, considerou que é "a carreira máis esperada do ano" na cidade galega, lembrou que "en dúas horas voaron" as mil inscricións inicialmente previstas e avanzou que o luns 6 de setembro abrirase un novo prazo con outras 400 prazas debido á mellora da situación sanitaria.

A décimo cuarta edición foi presentada este xoves no Concello da Coruña nun acto no que se revelou o circuíto, que pasará polo Porto.

"Por vez primeira na historia desta carreira poderemos penetrarnos nos terreos das instalacións portuarias e damos encarecidamente as grazas á Autoridade portuaria, e ao seu presidente, polas facilidades que puxeron en todo momento para traballar nesta opción que era unha vella aspiración das carreiras populares desta cidade", dixo.

Martínez precisou que este novo escenario "permite a ampliación de roteiros urbanos en carreiras nunha distancia mínima de 2,5 quilómetros a través dunha zona ata o de agora exenta de uso deportivo, o que significa un excelente punto de partida para mellorar os roteiros futuros doutras carreiras xa consolidadas" como o media maratón Coruña21 e a maratón Coruña42.

A edil dixo que esa zona da cidade "ten algunhas características físicas" como rectas longas, perfil plano e asfalto a nivel do mar que poden permitir a "consecución de boas marcas".